Tema 4: As grandes potencias e o imperialismo

                                                                   Palabras clave:

Potencias continentais no século XIX       Nacionalismo alemán       Unificación de Italia e Alemaña

Imperios en decadencia do século XIX           Colonialismo      As grandes potencias europeas

O novo Imperialismo              A  expansión europea      A expansión das potencias extraeuropeas

O Estado de benestar       Emancipación da muller         Isabel II      O sexenio democrático

Sexenio democrático              Morte de Fernando  VII                  Rexencia de María Cristina

Desamortización de Mendizabal              liberais              Segunda internacional          progresistas

Espartero                           Convenio de Vergara                              Primera internacional

                               As grandes potencias europeas

                                                      O Imperialismo

Século XIX

A sociedade da segunda metade do seculo XIX é unha sociedade de clases: A burguesía e a nobreza que se converten nunha clase conservadora, as clases medias que amortecían as tensións entre as clases altas e baixas e por último os labregos e o proletariado no que diminúen os labregos e se incrementa o proletariado.
Mentres se extendía o sufraxio universal masculino, o Estado comeza a ocuparse do benestar da poboación para frear o socialismo. Implántanse seguros de enfermidade e vellez, leis de ensinanza obligatoria e introdúcense avances na saúde pública e no urbanismo que contribuíron a erradicar os problemas nos barrios obreiros.
Na segunda metade deste século, o movemento obreiro tratou de crear asociacións internacionais:

                 SEGUNDA INTERNACIONAL (1889)

De ela xurdiu unha tendencia socialdemócrata , sobre todo no socialismo socialdemócrata alemán, o mais poderoso de Europa.

                          ROSA LUXEMBURG

    PRIMEIRA INTERNACIONAL (1864)

Duas tendencias opostas:

Marxistas: loita de clases, revolución do proletariado, partidos políticos para tomar o poder.

Anarquistas: abolir toda a autoridade política

                 MIKHAIL BAKUNIN

      

         

Movemento de emancipación da muller

Loitar polo movemento sufraxista.

As mulleres que sempre traballaran agora podían loitar pola emancipación, ábrenselle portas a educacion secundaria a parti do 1880 e cada vez mais mulleres poder acceder á universidade.

O primeiro país en recoñecer o dereito ao voto feminino foi NOVA ZELANDA

                          España: o reinado de Isabel II

No ano 1833, morre Fernando VII e a súa filla só ten 3 anos polo que goberna de rexente a súa nai María Cristina. Uns partidarios queren que a coroa pase a mans de Carlos, o irmán de Fernando entón proclámase unha guerra que termina co Convenio de Vergara. Nesa guerra destacou o xeneral isabelino Espartero. Maria Cristina comeza a gobernar co Estatuo Real de 1834 que era unha carta outorgada. en 1840, Isabel con 13 anos pasa a gobernar e durante o seu reinado, triunfou o liberalismo fronte ao absolutismo.

Os liberais estaban divididos en moderados e progresistas, os moderados que eran os que defendían unha soberanía compartida entre o rei e as cortes, unha administración centralizada e un sufraxio censitario moi restrinxido e os progresistas que defendían unha soberanía nacional, dunha maior autonomía municipal e un sufraxio censitario mais amplo ca o dos moderados. Levaron a cabo o proceso de desamortización de Mendizabal( as terras da igrexa e municipios puideran ser privatizadas para explotalas).

Aroma, P° de la Castellana 79, Madrid, 28046, (+34) 947 002 963
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar